Actualizamos o territorio?

CONVITE_expo_WEB

Inauguramos exposición! 
Queres coñecer como mudou a península nos últimos 100 anos? Sabes por que os camiños poden servir para actualizala? 

Dende o día 28 de xullo ata o 5 de agosto poderás visitar a nosa exposición na capela do Hospital en Cangas. Nela atoparás:

-Cartografía e gráficas dos cambios da península entre 1850 e o 2008
-Os escenarios futuros de como podería ser o Morrazo no 2030
-Audiovisual e imaxes explicativas do proxecto de Camiños Seguros 
-A análise dunha proposta concreta: O Camiño Real entre Moaña e Cangas

Unha exposición chea de mapas e infografías que explican como o noso territorio é un organismo en constante transformación.

Agora toca participar, modificar, impulsar…e para iso ademáis da exposición teremos tamén ao longo da semana unha serie de actividades: andainas, proxeccións, música, historias de camiños…

Achégate ata a capela a conversar sobre #mobilidade #territorio #periurbano #omorrazo

CONVITE_expo_WEB2

 

 

Preparando nova exposición

Fondo_facebook01

Hai un ano que presentamos o proxecto e como non podía ser doutro xeito seguimos traballando. Para contarvos as novedades do proxecto e intentar que máis xente o coñeza estamos organizando unha exposición que  terá lugar na Capela do Hospital de Cangas, entre o día 28 de xullo e o 5 de Agosto.

Unha exposición que contará con: mapas históricos, infografías con datos sobre o territorio, mapa xigante con pérgola autoconstruída, fotografías de detalle do proxecto, audiovisuais e un mapa de camiños ás praias que poderedes levar para casa.

Unha exposición pensada para fomentar a conversa e o debate sobre mobilidade no Morrazo.

Estade atentos a este blog e ao noso facebook, en breve publicaremos máis información.

 

Mapear os Camiños co IES A Paralaia

CSM_paralaia

O pasado mércores, 15 de abril , artellamos unha actividade no marco da IV Semana de Consumo Responsable organizada polo IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña). A actividade, estaba dirixida ao alumnado de primeiro de Bachalerato.

A nosa proposta para Mapear o Camiño Seguro de Moaña a Cangas consistiu en:

9:30 a 10:00→ Saída a pé do instituto e paseo ata a Estación Marítima de Moaña.

10:00 a 10:45→ Estación Marítima de Moaña: charla de presentación á actividade e ao proxecto de Camiños Seguros de Moaña.

10:45 a 13.00→ Roteiro a pé ata a Biblioteca de Cangas, con paradas en puntos significativos e actividades didácticas.

Como documentación da actividade fixemos un pequeno video “low cost” que nos serviu para proxectar e conversar cos rapaces do instituto de novo.

TALLER PARALAIA from Rurban on Vimeo.

CSM no congreso do GIEEA

congreoecoeco

O pasado mes de xuño presentamos o proxecto no V CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA E AGRICULTURA ECOLÓXICA organizado polo Grupo de Investigación en Economía ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo.

Podedes ver aquí o video da presentación que fixo Martín Barreiro Cruz.

 

Polos camiños a Santa Efigenia

O pasado 21 de setembro fixemos a ruta dende Cangas e Moaña ata o Pazo de Santa Cruz con motivo do día de Santa Efigenia.

Continue reading

Artigo da ruta a Ermelo

O CAMIÑO A ERMELO, PASADO E FUTURO
David Pereira, Martín Barreiro

Este pasado 25 de xullo, un grupo de arquitectos e algúns veciños de Tirán organizamos unha subida a Ermelo, rememorando a antiga peregrinación e pago dos foros. Esta actividade foi unha oportunidade de redescubrir o noso entorno e de aprender un pouco máis sobre como evoluíu o noso territorio. Pero tamén serviu para percatarse do rico patrimonio que temos, da beleza das nosas paraxes e do papel que poden xogar no futuro. Cada vez máis xente dáse conta das posibilidades que os nosos lugares e cultura poden ter nun turismo de calidade, ben entendido, e asimesmo para o mantemento da nosa calidade de vida.

Continue reading

Subida a Ermelo

ermelo

Este venres 25 de xullo, día de Santiago, os veciños de Tirán e Moaña faremos unha subida a Ermelo (Bueu) polos camiños tradicionais.
Dun lado rememoraremos a tradicional romería que cada ano subía ata esta aldea centenaria, e por outro desfrutaremos dun itinerario de lecer para desfrute de todos os veciños.

Sairemos ás 9:45 dende o Centro Cultural Castroviejo de Tirán e ás 10:30 xuntarémonos no adro da Igrexa de San Martiño con aqueles que veñan dende Moaña.
Durante o percorrido iranse explicando diferentes aspectos deste percorrido, da súa historia e importancia.
Chegaremos a Ermelo antes das 2 para poder comer de vagar, e voltaramos a iso das 5.

Non vos esquezades de traer comida e boa compañía!

Podedes atopar máis info no evento que teñen creado no Facebook. Dende CSM apoiamos e colaboramos.

Entrevista en Cultura Galega

Entrevista que Germam Hermida fixo a Martín Barreiro publicada no xornal Cultura Galega.

Podedes ler a través deste link.

Pausa no traballo de rúa

furgo

Entrevista en Radio Cerna

radiocerna

Escoita a entrevista aquí

© 2017 Camiños Seguros

Theme by Anders NorenUp ↑