ermelo

Este venres 25 de xullo, día de Santiago, os veciños de Tirán e Moaña faremos unha subida a Ermelo (Bueu) polos camiños tradicionais.
Dun lado rememoraremos a tradicional romería que cada ano subía ata esta aldea centenaria, e por outro desfrutaremos dun itinerario de lecer para desfrute de todos os veciños.

Sairemos ás 9:45 dende o Centro Cultural Castroviejo de Tirán e ás 10:30 xuntarémonos no adro da Igrexa de San Martiño con aqueles que veñan dende Moaña.
Durante o percorrido iranse explicando diferentes aspectos deste percorrido, da súa historia e importancia.
Chegaremos a Ermelo antes das 2 para poder comer de vagar, e voltaramos a iso das 5.

Non vos esquezades de traer comida e boa compañía!

Podedes atopar máis info no evento que teñen creado no Facebook. Dende CSM apoiamos e colaboramos.