Tagespazo público

Actualizamos o territorio?

CONVITE_expo_WEB

Inauguramos exposición! 
Queres coñecer como mudou a península nos últimos 100 anos? Sabes por que os camiños poden servir para actualizala? 

Dende o día 28 de xullo ata o 5 de agosto poderás visitar a nosa exposición na capela do Hospital en Cangas. Nela atoparás:

-Cartografía e gráficas dos cambios da península entre 1850 e o 2008
-Os escenarios futuros de como podería ser o Morrazo no 2030
-Audiovisual e imaxes explicativas do proxecto de Camiños Seguros 
-A análise dunha proposta concreta: O Camiño Real entre Moaña e Cangas

Unha exposición chea de mapas e infografías que explican como o noso territorio é un organismo en constante transformación.

Agora toca participar, modificar, impulsar…e para iso ademáis da exposición teremos tamén ao longo da semana unha serie de actividades: andainas, proxeccións, música, historias de camiños…

Achégate ata a capela a conversar sobre #mobilidade #territorio #periurbano #omorrazo

CONVITE_expo_WEB2

 

 

Pausa no traballo de rúa

furgo

Coa Masa Crítica ata Aldán

Este venres día 27, a Masa Crítica Morrazo vai ata Aldán seguindo o trazado dos camiños seguros…
···úneste?···
(Ás 20:30 na Casa da Cultura de Cangas)

© 2017 Camiños Seguros

Theme by Anders NorenUp ↑