Tagveciños

Preparando nova exposición

Fondo_facebook01

Hai un ano que presentamos o proxecto e como non podía ser doutro xeito seguimos traballando. Para contarvos as novedades do proxecto e intentar que máis xente o coñeza estamos organizando unha exposición que  terá lugar na Capela do Hospital de Cangas, entre o día 28 de xullo e o 5 de Agosto.

Unha exposición que contará con: mapas históricos, infografías con datos sobre o territorio, mapa xigante con pérgola autoconstruída, fotografías de detalle do proxecto, audiovisuais e un mapa de camiños ás praias que poderedes levar para casa.

Unha exposición pensada para fomentar a conversa e o debate sobre mobilidade no Morrazo.

Estade atentos a este blog e ao noso facebook, en breve publicaremos máis información.

 

Polos camiños a Santa Efigenia

O pasado 21 de setembro fixemos a ruta dende Cangas e Moaña ata o Pazo de Santa Cruz con motivo do día de Santa Efigenia.

Continue reading

Artigo da ruta a Ermelo

O CAMIÑO A ERMELO, PASADO E FUTURO
David Pereira, Martín Barreiro

Este pasado 25 de xullo, un grupo de arquitectos e algúns veciños de Tirán organizamos unha subida a Ermelo, rememorando a antiga peregrinación e pago dos foros. Esta actividade foi unha oportunidade de redescubrir o noso entorno e de aprender un pouco máis sobre como evoluíu o noso territorio. Pero tamén serviu para percatarse do rico patrimonio que temos, da beleza das nosas paraxes e do papel que poden xogar no futuro. Cada vez máis xente dáse conta das posibilidades que os nosos lugares e cultura poden ter nun turismo de calidade, ben entendido, e asimesmo para o mantemento da nosa calidade de vida.

Continue reading

Subida a Ermelo

ermelo

Este venres 25 de xullo, día de Santiago, os veciños de Tirán e Moaña faremos unha subida a Ermelo (Bueu) polos camiños tradicionais.
Dun lado rememoraremos a tradicional romería que cada ano subía ata esta aldea centenaria, e por outro desfrutaremos dun itinerario de lecer para desfrute de todos os veciños.

Sairemos ás 9:45 dende o Centro Cultural Castroviejo de Tirán e ás 10:30 xuntarémonos no adro da Igrexa de San Martiño con aqueles que veñan dende Moaña.
Durante o percorrido iranse explicando diferentes aspectos deste percorrido, da súa historia e importancia.
Chegaremos a Ermelo antes das 2 para poder comer de vagar, e voltaramos a iso das 5.

Non vos esquezades de traer comida e boa compañía!

Podedes atopar máis info no evento que teñen creado no Facebook. Dende CSM apoiamos e colaboramos.

© 2017 Camiños Seguros

Theme by Anders NorenUp ↑